O 21 de xullo do 2006, várase na bocanaza do porto dista Vila, UN NOVO buque insigne da hostalería guardesa.
Enriba das cinzas dunha vella cetaria restaurada, sura, con un estilo de moderno “loft” e unha excesiva decoración minimalista, xogando cas cores e co mobiliario, un barco “DISTINTO”.
As súas terrazas de “Proa”, “Estribor” e “Babor” dirixidas ás lonxanias mariñas, sortean as vellas rochas coñecidas como “O Balueiro” e “Punta do Xenete” que dan nome os coñecidos hoxe como rompeolas de “O Balueiro” e “Punta do Xenete” que pola súa privilexiada situación, convérteno nun lugar digno de ser coñecido.
Dispón de comedores con vistas ó Solpor do Porto e ós confíns mariños, cos que debuxa abraiantes figuras, así como de ámbolos dous “Balueiros”.
Nos avatares hostaleiros tenta de conxugar o“saber facer” das novas aventuras entre fogóns cos cheiros e padares de sempre, sen romper cas sabores a mar, a río... da terra, coma se fose unha fermosa panorámica dende o monte da Trega.
O desfrute duns Pementos “piquillos” recheos de polbo, gambas e champiñóns; uns filetes de Polbo laqueado no grile con lágrimas de aceite virxe e allo macerado; unha Tosta de Salmón Afumado con virotes de mariscos, salsa rosa e lascas de laranxa; unha Tortilla con Chouriza caseira, as Parrilladas de Peixes do día, os Arroces de Vieiras con Ameixas, ou uns Fideos Mariñeiros....fan espertar os xugos gástricos que atopan o cénit nas “larpeiradas” caseiras: a Leite Frita,a Torta de Queixo ó forno ou o Tiramissu... seguen facendo diste novo “buque restaurante” un sitio “DISTINTO”, un privilexio para o desfrute dos sentidos: do gusto, da vista....da vida.
_______________________________________________________________________________________________
Información e Reservas
Teléfono/Fax: 986 611 065 Móvil: 685 196 497 E-mail:balueiro.restaurante@gmail.com